Información

Servicios

Actividades

Viajes

Formación

Parroquia a Milagrosa

Diócese de Lugo

diocese_lugo

visitante nº 1975

Benqueridos amigos e amigas

BENVIDA

Un saúdo afectuoso a todos os membros da comunidade parroquial. Estas páxinas que tedes diante queren amosarvos a vida e actividades da nosa parroquia da Milagrosa. A comunidade cristiá parroquial da Milagrosa está viva, moi viva, é rica, moi rica en persoas, proxectos, en ilusións e gañas de transmitir e vivir o evanxelio. A nosa misión pasa por seguir facendo parroquia que cree, celebra e transmite a fe en Xesucristo dunha maneira moi especial as persoas que máis nos necesitan hoxe. Estamos chamados a ser comunidade aberta e misioneira onde encontren acollida e axuda tódolos que a precisen. Acompañar polo camiño como Xesús aos discípulos, que moitas veces se senten desilusionados e cansos. A parroquia que é igrexa e séntese igrexa necesita de cada un de nós. Cada home, cada muller, cada mozo e moza, ancián ou neno é pedra viva desta gran edificación. Todos somos responsables da nosa igrexa. A comunidade cristiá necesita de nós e nós necesitamos á comunidade. Hoxe eu invítote a sentirte implicado, responsable da construción da comunidade, de levar adiante a súa misión, de vivir e transmiti-la fe no noso tempo. Participemos da vida parroquial e diocesana. Sería moi bo sentirnos corresponsables da tarefa común. O que lle afecta a parroquia aféctame a min, o que me afecta a min tamén lle afecta á parroquia. Estas follas conteñen actividades e proxectos parroquiais, pero aínda se pode facer moito máis.

¡Contamos contigo. É tarefa de todos!

XOSÉ ANTONIO


Catequese Parroquial

Catequese Parroquial