Información

Servicios

Actividades

Formación

Parroquia a Milagrosa

Diócese de Lugo

diocese_lugo

visitante nº 14935

Bautismos

[ Descargar a solicitude de bautismo ]

Catequese bautismal

Temos un encontro coas familias o sabado anterior ás 18´30h.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Compromisos e condicións bautismais

·         Os pais comprométense a ensinar e transmiti-la fe cristiá ao seu fillo/a.

·         Os pais recoñecen a Deus como Pai, a Xesucristo como Salvador, ao Espírito Santo como santificador.

·         Os pais aceptan á Igrexa na que desexan incorporar ao seu fillo/a como comunidade de fe e comunidade de seguidores de Xesucristo.

·         A Igrexa non se opón a bautizar aos fillos de pais que non practican ou están alonxados da fe, sempre que acepten o que a Igrexa di sobre o Bautismo e se comprometan a que o seu fillo reciba a fe a través dos seus padriños, avós, comunidade parroquial, etc.

·         Os padriños son escollidos polos pais como aqueles que axudan na educación e transmisión da fe. Para ser padriño ou madriña é condición indispensable ser católico e estar confirmado.

 

Avisos para os pais

·         Traer para ese día unha vela, un pano branco e unha toalla pequena.

·         Aportación económica (cada familia aportará na medida das suas posibilidades a cantidade que estimen oportuna para conservación del templo,ayuda a Cáritas, etc).

 

Os católicos practicantes teñen dereito a pedir á parroquia os servizos necesarios para vivir a súa fe, pero teñen a obriga de soster as necesidades da igrexa.

 

¿Por qué é necesario unha aportación económica?

 

A igrexa sostense da aportación de todolos fieis, ben a través da declaración da renta, ben das colectas dos domingos, de donativos e tamén das aportacións que se fan con motivo das celebracións especiais: funerais, aniversarios, vodas, bautizos...

Cando se pide unha celebración especial é necesario facer unha aportación económica (salvo que a familia non teña ningún recurso)

Manter aberta a parroquia todolos días do ano supón moito esforzo tanto persoal coma económico.

No plano humano contamos co traballo de dous sacerdotes e varios voluntarios nos distintos servizos: cáritas, catequese, liturxia...

No plano económico, é responsabilidade de todolos católicos que viven e celebran a su fe na parroquia. Cóntase cun grupo de dez persoas que levan a economía, que axududando e aconsellando ó parroco nas decisións económicas.

 

Para o bautismo de nenos non se pide unha cantidade de diñeiro concreto. Pídese que cada familia aporte con responsabilidade segundo as súas posibilidades posto que todas élas poden facelo. En caso de que se esqueceran facelo, un membro da comisión económica parroquial recordaríallo. Tamén pedimos que se faga unha “propina” para o monaguillo ou o sacristán.