Tres son os sacerdotes que están ao servizo da comunidade. Os seus nomes: D. Xosé Antón Ferreiro Varela, D. Xosé Manuel Penela Campos e D. José Antonio Adrio Carballude.
É un equipo de fregueses elixido en representación da comunidade parroquial para colaborar co equipo sacerdotal no ministerio pastoral, manifestando así o traballo e a corresponsabilidade de todos na vida parroquial. Entre as súas funcións están:
+ Recoñece-la realidade a evanxelizar.
+ Desenvolve-la comunidade parroquial.
+ Programa-la acción pastoral en cada eido.
+ Coordinar tódalas tarefas.
+ Servir de canle para a reflexión.
+ Ser promotor de unidade.
+ Revisa-lo programado e realizado.
O equipo parroquial que estuda e aproba proxectos, distribúe fondos e da resposta ás necesidades da parroquia, colaborando tamén con outras necesidades da igrexa universal e local.
Presta a súa axuda o consello pastoral parroquial na administración dos bens da parroquia. Presenta anualmente as contas á comunidade e ao bispado.